jueves, 17 de febrero de 2011

Xogando coa malla de neopreno - Playing with neoprene maille


Con elos de neopreno tamén se poden facer moitos tipos de cadeas. Xa vos ensinara aí atrás os colgantes feitos con unidades Nova. Se unicamente queremos empregar elos deste material, só podemos facer tramas que empreguen elos pechados. A alternativa é conxugalos con elos abertos de calquera outro material, co que se nos abre todo outro mundo de posibilidades.

Remexer cos elos de neopreno a ver que sae é moi entretido, sobre todo por dúas razóns: porque se pode facer e desfacer sen estragar o material e, moi a ter en consideración, porque non acaban doendo os dedos como adoita suceder ao traballar con metais.

O que vedes a continuación é unha pulseira moi sinxeliña feita con neopreno, cobre e aceiro. A malla chámase Cola de raposo e emprega só elos pechados, aínda que eu engadinlle uns elos de cobre e de aceiro para facer un pouquechiño de contraste.
Trama Cola de raposo - Foxtail weave

You can also make a lot of chainmaille weaves with neoprene rings. In past entries you can see some Nova unit pendants by me. If we only want to use neoprene rings we can only make closed rings based weaves. But if we mix neoprene rings with open jump rings, a world of possibilities opens up for us.
Playing with neoprene rings with no other goal than seeing what comes out turns out to be very funny, mainly because of two reasons: we can keep redoing as long as we wish without damaging the material, and, even more interesting, without getting our fingertips hurt.


What you see here is a very simple bracelet made out of neoprene. The weave is called Foxtail and it requires only solid (closed)  rings, although I have added copper and steel rings in order to provide some contrast. 



Cola de raposo dende arriba - Foxtail weave, upper view


E aquí xa podedes ver a pulseira rematada cuns cordóns de algodón e un peche de aceiro. The finished bracelet with cotton cord and stainless steel clasp.


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...