miércoles, 29 de junio de 2011

Mercado de Artesanía da Rúa san Pedro

O sábado que vén, día 2 de xullo, estaremos novamente no Mercado de Artesanía que se fai na rúa san Pedro, de Santiago de Compostela. Imos asistir xunto cos demáis participantes do Mercado Entre Lusco e Fusco, onde nos podedes topas todos os martes pola tarde. Pois nada, que os "fusquiños" imos estar na praza do Matadoiro (na Porta do Camiño) durante todo o día.

Para os que nunca estiverades nas festas da rúa san Pedro, ou nos Mercados de Artesanía que organizan dúas veces ao ano, recoméndovos moi moito que vos deades unha volta por alí. É unha festa viva, un mercado variado do máis estimulante e o ambiente reflicte á perfección o dinamismo desa barrio de Compostela. Animádevos a vir!!!

Este é o cartaz:

2 comentarios:

The Magic's World dijo...

Que vendas muchisimo!!! y sobretodo que lo pases genial!! un besooooo!

Anónimo dijo...

PUES DESEAROS QUE VENDAIS TODO LO QUE TENGAIS Y QUE PASEIS UN DIA MUY AGRADABLE.UN BESO

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...